Finalizado o curso, a primeira versión de GIC é xa historia

28/07/2005

Case vinte mil alumnos e máis de mil oitocentos profesores foron usuarios, durante este curso, da plataforma GIC, versión 1.0, de Pedagogía Interactiva. Este uso a grande escala xerou un volume importante de experiencia. Os centros van agora decantando toda esa experiencia que chegará a ser un riquísimo catálogo de boas prácticas. Xa, nos cursos de verán e congresos de algunhas institucións usuarias de GIC, iniciouse unha análise da experiencia acumulada durante o curso. Non cabe dúbida de que, entre todos, estamos a xerar unha dinámica potente que nos permite explorar novos itinerarios didácticos e pedagóxicos.

 

Pedagogia Interactiva


Marie Curie, 2, 08042 Barcelona (Ed. Fòrum Tecnologia) Telf. 93 253 91 90 Fax. 93 291 76 91 CIF: B-63158455
© 2005, Pedagogia Interactiva, Aviso legal