A nova versión de GIC 2.0

28/07/2005

Os centros usuarios e os novos que se incorporan, terán á súa disposición a partir do 1 de setembro a versión 2.0 de GIC.

A concepción e filosofía de GIC mantéñense na nova versión pero nesta aumentan de maneira notable a usabilidade, a navegabilidade, os contidos e as aplicacións didácticas. Aparece así mesmo un ámbito novo: Os pais dos alumnos teñen tamén o seu propio contrasinal e dispoñen dun espazo propio con utilidades de comunicación e xestión. Todas estas novidades, xunto coa experiencia acumulada e o incremento do número de usuarios, fan prever un gran crecemento na intensidade de uso da plataforma. Por iso tamén se introduciron cambios tecnolóxicos, invisibles para o usuario, que permiten garantir a excelencia do produto.

 

Pedagogia Interactiva


Marie Curie, 2, 08042 Barcelona (Ed. Fòrum Tecnologia) Telf. 93 253 91 90 Fax. 93 291 76 91 CIF: B-63158455
© 2005, Pedagogia Interactiva, Aviso legal